Editorial : XERAIS

554 resultados

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO RIAL, EVA MARÍA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...
    En stock

    13,50 €

  • CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO
    BOUZAS, PEMÓN
    En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe ...
    En stock

    18,95 €

  • A FOLLA AZUL
    MACEIRAS, ANDREA
    A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E ...
    En stock

    13,50 €

  • O CHISPAS
    RIVAS, MANUEL
    O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos c...
    En stock

    13,50 €

  • RAPUNZEL CON PIOLLOS
    EL HEMATOCRÍTICO
    Rapunzel pasa o tempo na súa torre protexida de calquera perigo: bruxas malvadas, ogros, lobos... O que non espera é ser atacada polas criaturas máis silandeiras: os piollos! Estes bichiños multiplícanse rapidamente na súa longa melena, e non hai remedio contra eles. Nin a limpeza de Brancaneves e os seus ananos, nin o raio conxelador da Raíña das Neves, tampouco o enxeño de Ga...
    En stock

    14,50 €

  • A BALADA DOS UNICORNIOS
    COSTAS, LEDICIA
    A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e...
    En stock

    12,95 €

  • MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST
    MISA, IRIA
    Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo...
    En stock

    13,50 €

  • 177 O QUE SEI DO SILENCIO
    MACEIRAS, ANDREA
    «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de ...
    En stock

    13,50 €

  • UN MUNDO DE PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    " Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura. Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lec...
    En stock

    19,95 €

  • 168 A CAIXIÑA DOS RANCORES
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade...
    En stock

    13,50 €

  • A CABEZA DE MEDUSA
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser vio...
    En stock

    14,50 €

  • A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo. ...
    En stock

    14,50 €

  • AIRE NEGRO (GALEGO)
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandoe a súa pr...
    En stock

    13,50 €

  • A COROA DE NAPOLEÓN
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. Esta segunda entrega está ubicada na Coruña, cidade que asiste horrorizada a un incidente de consecuencias internacionais: desapareceu unha coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade p...
    En stock

    14,50 €

  • OTA QUERE VOAR. ANXELA LOUREIRO. XERAIS
    LOUREIRO, ÁNXELA
    Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan. Un día, engaiolada ante un castelo de area que unhas rapazas constrúen na praia, distráe...
    En stock

    8,10 €

  • IRMAN DO VENTO
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL
    "Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo. " " Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, ...
    En stock

    14,50 €

  • 130 AS BRUXAS
    DAHL, ROALD
    As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel... Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fe...
    En stock

    14,50 €

  • 148 MORNING STAR
    MIRANDA, XOSÉ
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o se...
    En stock

    19,50 €

  • 1 LIMPEZA DE SANGUE
    RUIBAL, RUBÉN
    Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutu...
    En stock

    17,50 €

  • A MEMORIA DE BETANZOS - XERAIS
    DÍAZ MARTÍNEZ, CARLOS / ERIAS MARTÍNEZ, ALFREDO
    "A memoria de Betanzos" recolle case un cento de gravados do século XIX, postais e viñetas de principios do século XX, catalogados e seleccionados por Carlos Díaz Martínez, que constitúen un paseo pola memoria gráfica da patria de Andrade o Bo, dunha cidade que foi ata 1833 capital dunha provincia do antigo Reino de Galicia. O presente volume, enmarcado na colección de Xerais d...
    En stock

    95,00 €

  • O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
    RIVAS, MANUEL
    En stock

    20,95 €

  • TODOS SOMOS
    CALVEIRO, MARCOS
    En stock

    13,50 €

  • LINGUA E LITERATURA 4.
    CAMPOS VILLAR, XABIER / DIÉGUEZ PARDO, NATIVIDAD / IGLESIAS ÁLVAREZ, ANA / LOUZAO OUTEIRO, MIGUEL
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    43,00 €

  • NINGUÈN CONTARÁ A VERDADE (PREMIO XERAIS 2023)
    FEIJOO, PEDRO
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    24,95 €

  • LINGUA E LITERATURA 2 BACHARELATO
    CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR / IGLESIAS ÁLVAREZ, ANA / PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN / ROSALES CEREIJO, MANUEL
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    43,95 €

  • ENDEREZO DESCOÑECIDO
    TAYLOR, KRESSMAN
    "Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California: Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    13,95 €

  • ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
    COSTAS, LEDICIA
    Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. Nese día tan especial recibiu un megasusto: un cadaleito acompañado dun sobre onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    13,95 €

  • LINGUA E LITERATURA 2 ESO
    CAMPOS VILLAR, XABIER / DIÉGUEZ PARDO, NATIVIDAD / IGLESIAS ÁLVAREZ, ANA / LOUZAO OUTEIRO, MIGUEL
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    44,00 €

  • O DÍA QUE CHOVERON GATOS
    MEJUTO, EVA
    Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    11,95 €

  • LINGUA 4. EDUCACIÓN PRIMARIA. PROXECTO TECELINGUA
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    34,00 €