Editorial : XERAIS / Colección : NARRATIVA

66 resultados

  • CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO
    BOUZAS, PEMÓN
    En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe ...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • A BALADA DOS UNICORNIOS
    COSTAS, LEDICIA
    A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • 148 MORNING STAR
    MIRANDA, XOSÉ
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o se...
    En stock

    19,50 €18,53 €

  • O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
    RIVAS, MANUEL
    En stock

    20,95 €19,90 €

  • NINGUÈN CONTARÁ A VERDADE (PREMIO XERAIS 2023)
    FEIJOO, PEDRO
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    24,95 €23,70 €

  • A MULLER XABARIL
    CASALDERREY, FINA
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolt...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • VELENO DE TINTA IMPRESA
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes. Con todo, a sociedade coruñesa da época foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a reivindicación e o exercicio dos dere...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • SE ISTO É UN HOME
    LEVI, PRIMO
    Se isto é un home é unha obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau durante o nazismo. Sometidos á terrible dor da fame, da sede, do frío, da violencia, do medo e da falta de solidariedade, os prisioneiros habitaron un non-lugar onde as condicións para a vida humana quedaron suspendid...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    19,50 €18,53 €

  • VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE
    RIVAS, MANUEL
    Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da serie negracriminal, retratan un tempo histórico onde se acrecenta o poder das mafias, da cobiza, do diñeiro sucio e da corrupción. Mais tamén son historias que nos mostran a condición ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    SOUTO, XURXO
    O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa. Entre lance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tra...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • BESTA DO SEU SANGUE
    PEDREIRA, EMMA
    Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero. Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa q...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    17,95 €17,05 €

  • O MEU NOME É NINGUÉN
    ESTEBAN, MANUEL
    Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa es...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • NON O SABEN AS ESTRELAS
    ALFONSÍN, DIEGO
    Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a néboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobre rumores de pasos e a desaparición da neve. Castro quere coñecer a terra dos seus devanceiros e a noite antes de p...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    16,50 €15,68 €

  • O EXÉRCITO DE FUME
    GAGO, MANUEL
    Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza. Unha mestra recibe o seu primeiro destino nunha distante aldea da Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pin...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    23,50 €22,33 €

  • LAPIS NA NOITE
    NICOLÁS, RAMÓN
    " Lapis na noite " bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e fam...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • FÁLAME DO SILENCIO
    L. OROSA, PABLO
    Cinco anos despois da morte de Daniel Gluckmann, o xornalista Samuel Eirís recibe un encargo póstumo: completar a súa historia. Unha petición que o arrastrará de volta á Galicia actual e á Coruña do ano 1977. Un regreso a un país que deixaba atrás a ditadura, mais tamén ao momento exacto en que mudan as conciencias. A volta do mozo que descobre o que pesa o esquecemento na alma...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    19,50 €18,53 €

  • NOVA NURSIA
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura. Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católic...
    Sin stock - (Consultar disponibilidad)

    20,95 €19,90 €

  • PRINCIPIO DE INCERTEZA
    ORTEGA, PILAR
    Que pode ou debe facer unha profesora cando unha alumna trata de introducirse na súa vida persoal? Que pode ou debe facer cando esa alumna precisa, dalgún xeito, o seu apoio fóra da aula? " Principio de Incerteza " relata a historia de Lía, unha profesora de Ensino Secundario que terá que sobrepoñerse á súa propia timidez para axudar a unha alumna que atravesa por un terribl...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    16,50 €15,68 €

  • UN HOME ESTRAÑO
    TIZÓN, ANTONIO
    O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino. Mentres tanto, a xornalista Ledicia Muruzábal, despois de entrevistar o presidente do Partido Galeguista, Avelino Pousa Antelo, está a punto de atropelar un...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • A CRUELDADE DE ABRIL
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas redes sociais....
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • FÓRA DE SI
    DE TORO, SUSO
    Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un mome ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • ELEFANTE
    DARRIBA, MANUEL
    Relatos sobre mundos que integran un mundo poliédrico. Lugares que se resisten á escritura. As percepcións comparecen distorsionadas, fóra do refuxio da certeza. Manuel Darriba reivindica a etiqueta de «escritor transxénero». A súa narrativa está infiltrada de elementos poéticos. A súa poesía incorpora elementos narrativos. O autor segue a desenvolver un programa artístico prop...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    16,50 €15,68 €

  • AS SETE MORTES DE LEOPOLDO PARDO
    BÓVEDA, JORGE EMILIO
    Leopoldo Pardo -Leopardo-, ex-presidiario e antigo vixilante xurado, traballa agora na cidade de Auria como axente de seguros da compañía Nationale Switzerland. Un día recibe un encargo especial dun cliente extravagante: asegurar sete obxectos paradigmáticos da cultura galega entre os que están a máquina de escribir de Blanco Amor ou a caveira de Breogán. Os sete obxectos están...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €18,00 €

  • A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
    DOCAMPO, XABIER P.
    A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    21,95 €20,85 €

  • AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OÍR
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vila...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    23,50 €22,33 €

  • A RAÍÑA DAS VELUTINAS
    REXES, LIONEL
    Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpat...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    19,50 €18,53 €

  • A ARTE DE TROBAR
    LOPO, SANTIAGO
    No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,50 €17,58 €

  • OS FILLOS DO LUME
    FEIJOO, PEDRO
    Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comez...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    23,95 €22,75 €

  • 408 ONCE PORTAS
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre. Desde entón Guillerme será o depositario dun segredo relacionado coa ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    16,95 €16,10 €

  • SEGREDOS DE BRETAÑA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e o sosego dunha Bretaña galaica. Todo o que sucede alí ten explicacións máxicas que remiten as responsabilidades ao trasmundo. Ata que un día o escritor Isauro Guillén chega a este espazo para descansar, despois de terminar unha novela. De súpeto, os misterios que lle van contando os veciños comezan a revelarlle ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    20,95 €19,90 €


01 02 03