RIAL E, LOLI
Mentres pasea, Don Martiño atoparase cunha vaca, unha gata ou unha rata, pero os berros dos animais asustarano e acabará agachándose dentro dunha lata. O neno pode crear o seu propio conto, xa que a obra lle ofrece a posibilidade de optar por diferentes vías e ir creando unha historia distinta cada vez que le e escolle os variados debuxos.