241.O FULGOR E AS TEBRAS

241.O FULGOR E AS TEBRAS

AS BIBLIOTECAS NA GALIZA DA II REPÚBLICA E A SÚA DESTRUCIÓN DURA

FRANCISCO XAVIER REDONDO ABAL

14,00 €
IVA incluido
Sin stock - (Consultar disponibilidad)
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
Año de edición:
2009
Materia
Historia de españa
ISBN:
978-84-8487-153-8
Páginas:
158
Colección:
COLECCION XERAL
14,00 €
IVA incluido
Sin stock - (Consultar disponibilidad)
Añadir a favoritos

As autoridades republicanas do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes entenderon ben cedo que só a socialización da lectura ?até entón inexistente? permitiría asentar no Estado español un réxime democrático e de liberdades. E, en consecuencia, dedicaron inxentes esforzos á creación de bibliotecas que, por un lado, acabasen co secular desequilibrio entre campo e cidade, e por outro, posibilitasen a igualdade de oportunidades no acceso á lectura.

E, xustamente, de bibliotecas trata este libro. De como se crearon e de como se destruíron, tomando como referencia o sucedido en Galiza. Unha cuestión que na nosa historiografía recente presenta un baleiro difícil de entender. Se exceptuamos escasos estudos sobre algunhas bibliotecas concretas e a súa evolución até 1936, moi pouco sabemos.

Este trahallo tenta percorrer o labor fecundo que as autoridades republicanas realizaron no terreo bibliotecario, pero non só elas senón que dende comezos do século XX unha morea de agrupacións políticas, sindicais, ateneos e casinos recreativos instalaron nos seus locais bibliotecas abertas á poboación. E outro tanto fixeron as sociedades de instrución de alenmar coas súas escolas de emigrantes.

O golpe de Estado de xullo de 1936 contra a legalidade republicana conseguiu rachar con todo isto: bibliotecas enteiras queimadas, roubadas, espoliadas, incautadas... perdidas para sempre en nome dunha Patria e dunha Relixión que entendían os libros como "material perigoso". As TEBRAS instaláronse nunha Galiza que comprobou como alí onde queiman libros, rematan queimando homes