A CHAVE DA ATLÁNTIDA

A CHAVE DA ATLÁNTIDA

FARIÑA, ANXO

12,95 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48 h.)
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2013
Materia
Libros en gallego
ISBN:
978-84-9914-496-2
Páginas:
152
12,95 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48 h.)
Añadir a favoritos

Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica.

Artículos relacionados

  • O BAILE
    NEMIROVSKY, IRENE
    Unha familia de novos ricos instálase nun dos barrios máis luxosos do París de comezos do século xx. Para conseguir o ansiado recoñecemento social, os Kampf deciden dar unha festa á que todo o mundo está convidado. Só queda fóra a súa filla adolescente, Antoinette. A rapaza , ferida no seu orgullo, buscará vinganza. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    12,00 €

  • A CAMARA ESCURA
    BAÑOS DE COS,JOSE LUIS
    III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2020 Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir”. Pode recoller nunha foto toda a historia dunha dor? Pode borrarse unha foto e facelo coa dor tamén? Alicia envía unha foto e a instantánea vólvelle reenviada coma unha labazada. Alicia contra Alicia. José Luis Ba...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    10,50 €

  • FERROL A MINHA TERRA
    RICARDO CARVALHO CALERO
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    12,00 €

  • TEMPO LÍQUIDO
    PAULA VARELA
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    11,00 €

  • XA VAI O GRIFFON NO VENTO
    CONDE CID, ALFREDO
    EDICIÓN COMEMORATIVA DO XXXV ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓNDurante o reinado de Filipe II de Habsburgo, na década do 1580, chega a Compostela o novo Inquisidor, coa misión de rematar co contrabando de libros prohibidos.Na década do 1980, un escritor en crise dá clases de Literatura en Aix-en-Provence, Francia, buscando algunha idea para unha nova novela.Ambas historias, aparentemen...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    19,95 €

  • CATRO PEDRAS VELLAS
    TOBARUELA MARTÍNEZ, PERE
    Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras, coma moitos outros, e coma moitos outros é difícil dar con el. Aínda mantén vestixios da súa importancia pasada, con restos dunha muralla de defensa que, cando foi levantada séculos atrás, era alta e maciza. Xela, gran coñecedora de todos os recunchos de Vilar de Abade e da súa contorna, convida a Fuco, Carlos e...
    Sin stock - (Consultar disponibilidad)

    11,06 €

Otros libros del autor

  • OS ECOS DO LUME
    FARIÑA, ANXO
    Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descub...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,90 €

  • OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE
    FARIÑA, ANXO
    O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,90 €

  • ONDE ESTÁ NUBEBEBÉ?
    FARIÑA, ANXO
    Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras. Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa. Gliz sae na súa procura: "Viches a Nubebebé?", pregunta a quen encontra ao seu paso. Gliz é un...
    Sin stock - (Consultar disponibilidad)

    10,95 €

  • O PINTOR DE FLORES
    FARIÑA, ANXO
    Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama... e viven moitísimas aventuras. Matís, o pintor de flores, mentres pintaba unha florboreta, caeu ao chan e mancou a man dereita. Como o poderán axudar Gliz e os membros d...
    Sin stock - (Consultar disponibilidad)

    10,95 €

  • 4 XINETES
    FARIÑA, ANXO
    Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas. Imaxina que es un Xinete da Apocalipse ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    17,95 €

  • OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA
    FARIÑA, ANXO
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,90 €