DICKENS, CHARLES
–E que lle queres –respondeu o tío– se vivo nun mundo
de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal!
Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas
sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano
máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época
para facer balance da contabilidade e encontrar todos
os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu
–dixo Scrooge indignado–, a todos eses idiotas que andan
por aí con iso de «bo Nadal» na boca habían de queimalos vivos
e enterralos cunha estaca de acivro chantada no corazón. Ala!
–Tío! –queixouse o sobriño.
–Sobriño! –respondeulle o tío de mal xenio–.
Ti queda co teu Nadal e a min déixame co meu.
–Co seu Nadal! –replicou o sobriño de Scrooge–.
Pero se vostede non celebra o Nadal.
Ambientado en Londres na época victoriana, “Canto de Nadal”
é un clásico inesquecible da literatura universal ilustrado
por un dos máis prestixiosos artistas internacionais.
KALANDRAKA preséntao nunha coidada edición
para gozar dunha lectura que enxalza o espírito navideño.
Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro
revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade
e desamor están a arruinar a súa vida