ENTRE DONAS
-5%

ENTRE DONAS

JIMÉNEZ ALEIXANDRE, MARÍA PILAR / CAMPO DOMÍNGUEZ, MARÍA PILAR / FERNÁNDEZ REAL, ROSALÍA / LÓPEZ SILVA, INMACULADA / MOURE PEREIRO, MARÍA TERESA / PED

13,00 €
12,35 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48h)
Editorial:
BAIA EDICIONS - CONSORCIO EDITORIAL
Año de edición:
2020
Materia
Libros en gallego
ISBN:
978-84-9995-342-7
Páginas:
208
13,00 €
12,35 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48h)
Añadir a favoritos

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.

En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:
“Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes”, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do “relato dos relatos” na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.
[...]
Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende a produción cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendo gran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes de comportamentos, coa pretensión (máis ou menos consciente) de provocar un efecto acumulativo, que vaia reforzando novas sinapses e debilitando as antigas de maneira que se adopten comportamentos máis adecuados ás demandas dos novos escenarios e situacións. Outros modelos procuran a vía cualitativa do cambio, contradicindo de maneira dramática o estereotipo tradicional, para que mude de golpe a nosa visión do que debe ser e do que pode ser. E que ese cambio sexa permanente.
As escritoras dos relatos desta obra colectiva, atopan eses escenarios e historias propicios a contradicir os argumentos da dominación. Algunhas re-visitando vellas historias dende a ollada feminina, outras re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación [...]. Usan a ironía como arma de combate simbólico [...].

Artículos relacionados

  • UNHA NOITE NO TREN DA VÍA LÁCTEA
    MIYAZAWA, KENJI
    Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ?Unha noite no tren da Vía Láctea?, ?A estrela da avenoiteira?, ?A araña, a lesma e o tanuki?, ?A oficina dos gatos?, ?Orbel e o elefante?, Matasaburó, o do vento? e ?Gauche o viol...
    En stock

    27,90 €26,51 €

  • UN MUNDO DE PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    " Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura. Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lec...
    En stock

    17,40 €16,53 €

  • A PIRAGUA
    CÁNDIDO PAZÓ
    DELIO Se cadaquén usa a praza de garaxe para deixar nela o que lle saia dos... complementos directos, xa me dirás. Empezamos por aí e por onde acabamos, eh? Por onde acabamos? Pensa un pouco Nito. En 1998, no edificio en que vivía daquela, suscitouse unha viva polémica sobre se un propietario podía ter unha piragua na súa praza de garaxe. En 2007 o C.D.G. encomendoume escribi...
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • O ARMIÑO DORME
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo. ...
    En stock

    12,75 €12,11 €

  • A MEMORIA DE BETANZOS - XERAIS
    DÍAZ MARTÍNEZ, CARLOS / ERIAS MARTÍNEZ, ALFREDO
    "A memoria de Betanzos" recolle case un cento de gravados do século XIX, postais e viñetas de principios do século XX, catalogados e seleccionados por Carlos Díaz Martínez, que constitúen un paseo pola memoria gráfica da patria de Andrade o Bo, dunha cidade que foi ata 1833 capital dunha provincia do antigo Reino de Galicia. O presente volume, enmarcado na colección de Xerais d...
    En stock

    95,00 €90,25 €

  • O BICHERO VII
    DAVILA MALVIDO, LUIS
    En stock

    15,00 €14,25 €