FEMININO SINGULAR, EN PLURAL

FEMININO SINGULAR, EN PLURAL

BLANCO BLANCO, MARÍA CONCEPCIÓN

14,35 €
IVA incluido
Editorial:
BAIA EDICIONS - CONSORCIO EDITORIAL
Año de edición:
2020
Materia
Libros en gallego
ISBN:
978-84-9995-340-3
Páginas:
60
14,35 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

É ben sabido que a historia ten una débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito.
É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado.
É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza poética, vai por e para elas, mulleres pioneiras, valentes e loitadoras.
Feminino singular, en plural é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentaren acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes.

***

Neste libro encontrarás unha serie de poemas biográficos, ilustrados por Laura Romero, dedicados a mulleres galegas singulares, que fixeron cousas moi importantes pero que foron ocultadas e silenciadas ao longo da historia, tamén outros nos que recorda as mulleres anónimas, as máis próximas a nós.
Poemas que comentan Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, ás veces con sorpresa, porque non sabían dalgunha delas nin das súas vivencias e méritos malia os anos transcorridos.
Animádevos a seguir a proposta de Concha Blanco e creade vós tamén unha biografía ou poema sobre mulleres que consideredes singulares, que pensedes deban ser coñecidas para divulgar o esforzo que realizan no seu ámbito de actuación

Artículos relacionados

  • O BAILE
    NEMIROVSKY, IRENE
    Unha familia de novos ricos instálase nun dos barrios máis luxosos do París de comezos do século xx. Para conseguir o ansiado recoñecemento social, os Kampf deciden dar unha festa á que todo o mundo está convidado. Só queda fóra a súa filla adolescente, Antoinette. A rapaza , ferida no seu orgullo, buscará vinganza. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    12,00 €

  • A CAMARA ESCURA
    BAÑOS DE COS,JOSE LUIS
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    10,20 €

  • FERROL A MINHA TERRA
    RICARDO CARVALHO CALERO
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    12,00 €

  • TEMPO LÍQUIDO
    PAULA VARELA
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    11,00 €

  • (G).13.OUTLET
    REIXA, ANTON
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    17,00 €

  • BO TEMPO
    ALBERTO DIAZ
    Sin stock - (Consultar disponibilidad)

    20,00 €