PACO LIVAN & LUCIE MULLEROVA
Gaspar, un labrego humilde e atrevido,
pretende conquistar unha princesa que, ante a
insistencia do seu pai e farta de ter que se mostrar
agradable con lingoreteiros e interesados, establece
unha dura condición para os seus pretendentes:
guiar as súas cincuenta lebres deica o bosque e
traelas de regreso ao cabo de tres días.
Este divertido conto, xoia da tradición oral danesa,
denuncia as actitudes clasistas sen renunciar
por iso aos momentos grotescos e ás situacións
cómicas.