O CANASTRO SEN TORNARRATOS

O CANASTRO SEN TORNARRATOS

RESISTENCIA POPULAR NA ERA DO CAPITALISMO SEN DEMOCRACIA. UNHA OLLADA GALEGA

RODRÍGUEZ, DAVID

18,80 €
IVA incluido
Sin stock - (Consultar disponibilidad)
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2018
Materia
Libros en gallego
ISBN:
978-84-9121-329-1
Páginas:
376
Colección:
ENSAIO
18,80 €
IVA incluido
Sin stock - (Consultar disponibilidad)
Añadir a favoritos

Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En «O canastro sen tornarratos» abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador.
O «tornarratos» -a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro- proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: «Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba.»

Artículos relacionados

  • UNHA NOITE NO TREN DA VÍA LÁCTEA
    MIYAZAWA, KENJI
    Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ?Unha noite no tren da Vía Láctea?, ?A estrela da avenoiteira?, ?A araña, a lesma e o tanuki?, ?A oficina dos gatos?, ?Orbel e o elefante?, Matasaburó, o do vento? e ?Gauche o viol...
    En stock

    27,90 €

  • UN MUNDO DE PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    " Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura. Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lec...
    En stock

    17,40 €

  • A PIRAGUA
    CÁNDIDO PAZÓ
    DELIO Se cadaquén usa a praza de garaxe para deixar nela o que lle saia dos... complementos directos, xa me dirás. Empezamos por aí e por onde acabamos, eh? Por onde acabamos? Pensa un pouco Nito. En 1998, no edificio en que vivía daquela, suscitouse unha viva polémica sobre se un propietario podía ter unha piragua na súa praza de garaxe. En 2007 o C.D.G. encomendoume escribi...
    En stock

    12,00 €

  • O ARMIÑO DORME
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo. ...
    En stock

    12,75 €

  • (ALM EXT) 40.A NEBOA AMARELA.(MANDAIO)
    CANDELAS, CESAR / RUIBAL, RUBEN
    En stock

    14,00 €

  • (ALM EXT) A MESA E MANTEIS (MANDAIO) HISTORIA DA ALIMENTACION EN GALICIA
    CASTRO, XAVIER
    En stock

    18,00 €

Otros libros del autor

  • SUPERAVOA
    RODRÍGUEZ, DAVID
    A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas. ...
    Sin stock - (Consultar disponibilidad)

    10,15 €