CUBA, XOAN R.
Remoldiño nunca fora
a Monterroso na vida,
e quería ver a feira
máis famosa de Galicia.
Para viaxar sen billete
argallou unha artimaña:
subíuselle nunha bota
a un tratante da montaña.
Na feira estaba agardando
un vello amigo de seu,
o caracol don Rolando
que nesa vila naceu.