REPUBLICA SIDERAL

REPUBLICA SIDERAL

Editorial:
BAIA EDICIONS - CONSORCIO EDITORIAL
Año de edición:
ISBN:
978-84-9995-370-0
Páginas:
80
Colección:
BARRIGA VERDE
7,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles –con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo– e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos.
Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra –con mocadas e pelexas sen escrúpulos.

No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta:
«Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra —tan deostada nos nosos tempos— antóllasenos de grande axuda para este cometido.

Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano.
Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto —por suposto— deberá de ser un estupendo motor de reflexión».