UN MUNDO DE PALABRAS
-5%

UN MUNDO DE PALABRAS

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

17,40 €
16,53 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2017
Materia
Libros en gallego
ISBN:
978-84-9121-234-8
Páginas:
160
Colección:
CRONICA
17,40 €
16,53 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

" Un mundo de palabras " reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura.
Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao longo da súa vida, a partir do momento en que, da man do seu pai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundo que decontado o fascinou. Mais tamén accederemos ás reflexións de signo máis teórico que responden á visión e ao intenso labor do experimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, no concepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na súa importancia para construír unha sociedade moderna, xusta e máis libre. Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para a transmisión do virus da lectura e para a súa promoción, incide no decisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as estratexias de animación, achegando as súas propias propostas.
Estes textos permítennos gozar unha vez máis da voz de Agustín Fernández Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia que demostrou en toda a súa traxectoria pública, das súas mensaxes cargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respecto e a admiración, estas páxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado dun lector e dun creador inesquecible.

Artículos relacionados

  • UNHA NOITE NO TREN DA VÍA LÁCTEA
    MIYAZAWA, KENJI
    Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ?Unha noite no tren da Vía Láctea?, ?A estrela da avenoiteira?, ?A araña, a lesma e o tanuki?, ?A oficina dos gatos?, ?Orbel e o elefante?, Matasaburó, o do vento? e ?Gauche o viol...
    En stock

    27,90 €26,51 €

  • A PIRAGUA
    CÁNDIDO PAZÓ
    DELIO Se cadaquén usa a praza de garaxe para deixar nela o que lle saia dos... complementos directos, xa me dirás. Empezamos por aí e por onde acabamos, eh? Por onde acabamos? Pensa un pouco Nito. En 1998, no edificio en que vivía daquela, suscitouse unha viva polémica sobre se un propietario podía ter unha piragua na súa praza de garaxe. En 2007 o C.D.G. encomendoume escribi...
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • O ARMIÑO DORME
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo. ...
    En stock

    12,75 €12,11 €

  • O MAGO DE LUBLIN
    SINGER, ISAAC BASHEVIS
    En stock

    18,50 €17,58 €

  • O MARABILLOSO SOÑO DUN GRAN NIÑO DE NECIOS
    ABRAHAM A SANCTA CLARA
    En stock

    14,00 €13,30 €

  • (ALM EXT) 40.A NEBOA AMARELA.(MANDAIO)
    CANDELAS, CESAR / RUIBAL, RUBEN
    En stock

    14,00 €13,30 €

Otros libros del autor

  • 6 CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    En stock

    12,95 €12,30 €

  • O CENTRO DO LABIRINTO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    A mediados do século XXI, a doutora Sara Mettmann, membro da organización que rexe os destinos de Europa desde a sombra, viaxa a Galicia acompañada polo seu fillo David. A misteriosa desaparición de David será o inicio dunha cadea de desconcertantes sucesos que, coma un estraño pesadelo, acabará arrastrándoos a unha aventura que cambiará para sempre as súas vidas e talvez o de...
    En stock

    12,30 €11,69 €

  • AIRE NEGRO - FORO DE XOGO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cando o doutor Vítor Moldes comeza a traballar na clínica psiquiátrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do día en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandoe a súa pr...
    En stock

    12,30 €11,69 €

  • LÚA DO SENEGAL
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade...
    En stock

    9,95 €9,45 €

  • TRECE AÑOS DE BLANCA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Blanca está enferma con hepatitis. Desde hace nueve días guarda cama y la han obligado a hacer reposo absoluto durante cinco o seis semanas. ¡Una eternidad! Encima le toca pasar su cumpleaños así, y es un cumpleaños importante: trece años. Ese día le regalan un álbum de fotos y su madre le propone que lo complete para no aburrirse. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    10,50 €9,98 €

  • 151 AZUL BARCO VAPOR MUROS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Algo les pasa a los adultos. Ya no se ríen y siempre están preocupados. Han levantado un muro que separa el pueblo en dos mitades y hay guardias por todas partes. Pero Helena y Adrián son amigos y no van a permitir que los separen. ¿Lo conseguirán? Una historia que advierte de las consecuencias del racismo y la discriminación. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    8,30 €7,89 €