XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR

XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR

ANEIROS, ROSA

14,50 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48 h.)
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2019
Materia
Infantiles y juveniles en gallego
ISBN:
978-84-9121-589-9
Páginas:
184
14,50 €
IVA incluido
Disponible (Entrega en 24/48 h.)
Añadir a favoritos

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
Serán capaces de facelo? Como podes axudalos ti? Únete a esta fantástica tribo na apaixonante aventura de salvar os océanos!

Artículos relacionados

  • O DIA A DIA DOS OFICIOS. DICIONARIO VISUAL
    ILUSTRACIÓNS SUBI
    Neste libro atoparedes un repertorio de situacións e imaxes a toda cor e cheas de detalles relacionadas co día a día dos oficios. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,95 €

  • OS ANIMAIS DE FRAGUAS
    ANTONIO FRAGUAS
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    18,00 €

  • SERES FANTÁSTICOS DO CAMIÑO
    EGUIA, XAN
    El protagonista de este libro se pierde en medio del bosque y en su búsqueda de la salida se encontrará a los más variados personajes de la mitología popular de los Caminos de Santiago que son los verdaderos protagonistas de este libro. Son fantásticos porque muchos aseguran haberlos visto a lo largo de los siglos narrándonos sus hazañas increíbles. Son misteriosos y huidizos, ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    13,00 €

  • CLOVER
    CABALEIRO, BEATRIZ
    Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias.Álbum bilingüe galego-inglés pensado para lectores de Primaria.O debú de Beatriz Cabaleiro. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,00 €

  • NUBE BRANCA E O PINGÜÍN VALENTÍN
    NOGUEIRA CAMPO, PABLO
    Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. *** Ao poboado de Nube Branca chegou dende mo...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,35 €

  • LEOPOLDO, O PEQUENO MONSTRO
    ESTEFANIA PUDULLES
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    13,50 €

Otros libros del autor

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    En stock

    17,95 €

  • TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    ANEIROS, ROSA
    Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    13,50 €

  • A BATALLA DA PEQUENA CHAÑAN CURI COCA
    ANEIROS, ROSA
    A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa. Por riba, desde que a avoa Elizabeth marchou, os domingos perderon a maxia dos contos incas e cidades perdidas que tanto lle gustaban a Noelia. ...
    Sin stock - (Consultar disponibilidad)

    11,95 €

  • 3 AMOTE LEO A. TERMINAL DE... CHEGADAS?
    ANEIROS, ROSA
    «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,90 €

  • ÁMOTE LEO A. ESTACIÓN DE TRÁNSITO
    ANEIROS, ROSA
    Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,90 €

  • ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES
    ANEIROS, ROSA
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. ...
    Disponible (Entrega en 24/48 h.)

    14,90 €