LUISA MORANDEIRA & BERNARDO CARVALHO
A fermosa Zalgum adoitaba bañarse na fonte onde
seu irmán lle daba de beber ao cabalo. Un día, o
irmán viu brillar na auga un pelo longo e vermello, e
prometeu casar coa dona daquel cabelo.
Revisión dun conto tradicional bérber sobre amores
prohibidos. Unha historia con máis dun significado
e con máis dun destinatario. Sedución, seres
terribles, animais que falan, unha muller que se
rebela contra o destino...
En definitiva, ingredientes para os pequenos
lectores que gustan do marabilloso.