PE(G)04. PALABRAS ENVELENADAS (PREMIO EDEBE L.XUVENIL 2010)

PE(G)04. PALABRAS ENVELENADAS (PREMIO EDEBE L.XUVENIL 2010)

Editorial:
RODEIRA EDEBE
Año de edición:
Categoría
Infantiles y juveniles en gallego
ISBN:
978-84-8349-254-3
Páginas:
264
-5%
10,50 €
9,98 €
IVA incluido
En stock
Añadir a la cesta

¿Que pasou con Bárbara Molina? Nunca se encontrou o seu corpo nin se conseguiron probas para deter ningún culpable. Unha chamada a un móbil pon patas arriba o destino de moitas persoas: o dun policía a piques de se xubilar, o dunha nai que perdeu a esperanza de atopar a súa filla desaparecida, o dunha rapaza que traizoou a súa mellor amiga. Palabras envelenadas é unha crónica dun día trepidante, vivido contra o reloxo e protagonizado por tres persoas próximas a Bárbara Molina, desaparecida misteriosa e violentamente cando tiña quince anos. Un enigma que, despois de catro anos sen se resolver, vaise ver sacudido por novas claves. Ás veces, a verdade permanece oculta na escuridade e só se ilumina ao abrir unha xanela. Unha historia de mentiras, segredos, enganos e falsas aparencias que pon o dedo na chaga sobre mitos incuestionables. Un relato arrepiante que disecciona a hipocrisía da sociedade española moderna. Unha denuncia valente dos abusos sexuais infantís, as súas devastadoras consecuencias e a súa invisibilidade neste mundo benpensante noso.